Carla Goyanes acada dúas medallas no Nacional junior de natación
Por Redacción
A nadadora Carla Goyanes consolidouse como unha das deportistas de maior proxección dentro do Club Natación Galaico. Aos seus 16 anos, logrou dúas medallas no Campionato de España junior celebrado na localidade catalá de Terrassa.
Goyanes logrou a medalla de prata en 200 metros bolboreta e o bronce en 100 metros bolboreta.
A pesar das ausencias de Bea Gómez e Águeda Cons, todos os nadadores pontevedreses brillaron a bo nivel, despedindo a tempada con varias mellores marcas persoais.
Meritoria foi tamén a cuarta posición en 50 metros libres e a quinta praza en 100 metros libres de Clara Otero.
Inés Gómez, Marc Ciurana, Cristian Fernández, Daniel Sánchez e Cibrán Leal estiveron presentes nas finais das súas probas mellorando os seus rexistros e achegando puntos moi valiosos para a clasificación xeral.
A pesar de non poder disputar as probas de substitucións por ausencia de varios dos seus nadadores, o equipo feminino junior alzouse coa sexta posición xeral por clubs.
Relacionadas:
-
O Galaico, dá a talla no primeiro Campionato Galego de Augas Abertas
Por Redacción |
-
Paula Goyanes sobe ao podio no Campionato de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
Brillante papel do Galaico en Xixón rozando o ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, co "equipo a tope" para a Copa de España de Clubs
Por Diego Espiño |