Non tivo rival o Xuventú de Sanxenxo que goleou (5-0) ao último, o Ponte Ourense
Por Redacción
Non houbo historia nin opción á sorpresa. O Xuventú Sanxenxo cumpriu o trámite fronte ao último e conseguiu unha goleada para manter o segundo posto da clasificación e seguir premendo ao líder Cultural de Areas.
Aínda que os goles tardaron en chegar, na recta final do primeiro tempo os de ÿscar García xa sentenciaran o partido. Protagonismo especial para Nel, autor de tres dos cinco goles do seu equipo, nun partido no que practicamente sobrou a última media hora, xa que os locais preferiron non arriscar, mentres que o Ponte Ourense se conformou con non seguir encaixando goles.
XUVENTÿ SANXENXO (5): Velay, Darío (Minso, min. 57), Fiti, Zalo, Javi (Rubén, min. 61), Deivi (Borja, min. 52), Álex Galdames, Cañi, Cuchi, Nel e Curry (Diego Vidal, min. 64).
PONTE OURENSE (0): Marcos (Ángel, min. 46), Ángel Castro (Gabri, min. 46), Viana, Schuster (Pucho, min. 58), Tomás, Manu, Lamelas, Carballo (Noel, min. 58), Meleiro, Iván e Fernández.
Árbitro: Martínez Míguez (Ferrol). Amoestóu a Darío, Deivi, Curry, Viana y Carballo.
Goles: (1-0) Minuto 31: Deivi. (2-0) Minuto 39: Nel. (3-0) Minuto 42: Javi. (4-0) Minuto 47: Nel. (5-0) Minuto 55: Nel.
Incidencias: Baltar de Arriba (Sanxenxo). 150 espectadores.