Tres puntos para respirar do Pontevedra B que derrota a domicilio (3-4) ao Atios
Por Redacción
Conscientes da importancia dunha vitoria para poñer distancia cos postos de descenso, o Pontevedra B foise a Porriño con toda a súa artillaría. Manu Fernández puido dispoñer de xogadores que habitualmente actúan co primeiro equipo, como Yago Vázquez, Javi Pazos e Pacheco, para apoiar a Buba, Cristóbal Domínguez, Edu Sousa e compañía, e o resultado non puido ser máis satisfactorio, ao conseguir un triunfo traballado e meritorio nun partido pleno de alternativas e moi entretido.
Aínda que o Atios foi superior nos primeiros compases, sería o filial granate quen pegara primeiro por medio de Javi Pazos, sempre fiel á súa cita co gol. Os locais empataban ao fío do descanso e mesmo puideron marchar con vantaxe no tempo de prolongación, cando o árbitro sinalou penalti por empuxón de Uru a Tomás, advertindo o lanzador de que o tempo estaba cumprido, polo que non habería opción a rexeitamento. Edu Sousa logrou desviar o lanzamento, pero aínda que o mesmo Tomás marcou, o colexiado aplicou correctamente o regulamento invalidando a acción.
Nos primeiros compases do segundo tempo adiántase o Atios, pero en pouco máis de tres minutos os visitantes conseguen dar a volta ao marcador, para que Buba sentenciase pouco máis tarde. O gol de Joni no desconto só serviu para reducir diferenzas, xa sen tempo para intentar nada máis.
U.D. ATIOS (3): Borja, Bubi, Valiente (Jacobo, min. 56), Maroto (Joni, min. 14), Monzi (Cuesta, min. 76), ÿscar, Lira, Alberto, Tomás, Curiel e Romero (Fonde, min. 73).
PONTEVEDRA B (4): Edu Sousa, Uru, Alvés, Cristóbal Domínguez, Yago Vázquez, Pacheco, Buba (Pedro, min. 90), Paco (Diego, min. 56), Javi Pazos, Héctor e Pibe (Collazo, min. 85).
Árbitro: Miño Pico (Ferrol). Amonestó a Bubi, Valiente, ÿscar, Lira, Javi Pazos y Héctor.
Goles: (0-1) Minuto 18: Javi Pazos. (1-1) Minuto 44: Joni. (2-1) Minuto 56: Tomás. (2-2) Minuto 65: Pibe. (2-3) Minuto 69: Diego. (2-4) Minuto 82: Buba. (3-4) Minuto 90: Joni.
Incidencias: Campo de O Carballo (Porriño). 150 espectadores.