Unha goleada humillante (2-7) ante o Gondomar deixa ao Marín case deshauciado
Por Redacción
Un Marín lamentable en defensa deu un paso de xigante, case definitivo cara ao descenso de categoría, tras ser goleado en San Pedro polo Gondomar. Os de Toño Lodeiro aguantaron na primeira parte, pero desapareceron na segunda, entregados á súa sorte, ata encaixar unha das maiores goleadas da súa xa larga historia deportiva.
Dez minutos abondaron para que os visitantes lograsen unha vantaxe de dous goles. Todo parecía perdido xa, pero uns xestos provocadores do porteiro visitante Jacobo cara á bancada quentaron o ambiente e pareceron espertar ao conxunto local, que lograba neutralizar a vantaxe facendo soñar coa remontada e con manter as esperanzas de seguir loitando por evitar o descenso. Pouco durou a ilusión, pois un novo fallo defensivo permite ao Gondomar adiantarse novamente ao fío do descanso.
Por se fose pouco, na reanudación seguen as concesións defensivas locais, e na primeira acción do segundo tempo o Gondomar fai o cuarto sentenciando o partido. O demais sobrou. O Marín baixou a cabeza, resignado á súa sorte e aos goles que lle ían caendo, que mesmo puideron ser algún máis.
MARÍN, C.F. (2): Carlos Arosa, Javi, Tinaia, Canario, Manuel (Agus, min. 55), André, Eric, Joaquín (Cristian, min. 66), Dani (Borja Rial, min. 66), Pascual e Villaverde (Miguel, min. 66).
GONDOMAR, C.F. (7): Jacobo (Dani, min. 78), Nando (Ferro, min. 61), Toni (Eloy, min. 68), Pibe, Carlos, Tizón (Manu, min. 57), Rubén (Alonso, min. 68), Víctor, Breixo, Vivo e Trejo.
Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago), auxiliado nas bandas por Botana y Villamayor. Expulsóu a Eric (minuto 86). Amoestou a Javi, Manuel, Joaquín, Villa, Tizón e Alonso.
Goles: (0-1) Minuto 3: Rubén. (0-2) Minuto 8: Breixo. (1-2) Minuto 14: Villa. (2-2) Minuto 41: Víctor, en propia meta. (2-3) Minuto 44: Nando. (2-4) Minuto 46: Breixo. (2-5) Minuto 54: Trejo. (2-6) Minuto 60: Breixo. (2-7) Minuto 63: Vivo.
Incidencias: Estadio de San Pedro (Marín) Poco más de 100 espectadores.