Repartición de puntos con polémica (0-0) entre Valladares e Arosa
Por Redacción
Un Valladares con moitas ausencias e un Arosa en racha. Os visitantes parecían claros favoritos ao triunfo, pero ao final tiveron que conformarse cun empate, precedido dunha última xogada polémica na que o equipo de Piscis reclamou gol, ao estimar que o balón entrara, pero que o árbitro non concedeu.
Os locais realizaron unha boa primeira parte e dispuxeron de excelentes ocasións para abrir o marcador, especialmente nun remate de ÿscar que se estrela no poste. A choiva e o forte vento dificultaban o xogo, pero non impedían o dominio do Valladares, que só pasou un pequeno susto tras un disparo de Eloy que rematou tapado por un defensor a corner.
Pero a decoración cambiou no segundo tempo. O Arosa veuse arriba, facéndose co control da zona ancha, se ben con escasas ocasións para ambos os dous bandos, ata que no último minuto de partido chega a xogada polémica cando Adrián Camiño remata a portaría baleira, pero Luis despexa, para os arousans cando o balón xa superara a liña, para o árbitro non, co cal os de Piscis ven freada lixeiramente a súa escalada cara aos primeiros postos.
C.D. VALLADARES (0): Fran; Cristian, Suso, Calado, Gonzalo (Chori, min. 46), Bruno, ÿscar, Miguel, Luis, David (Lijó, min. 86) e Cacho (Isma, min. 72).
AROSA, S.C. (0): Jorge; Santi, Juanjo, Martín, Ríos, Rivas, Hugo, Comesaña, ÿscar Guimeráns, Adrián Camiño (Viso, min. 90) e Eloy (Julio, min. 85).
Árbitro: ÿscar Pozo Álvarez (Ourense). Amoestou a Cacho e Ríos.
Incidencias: Campo de A Gándara. Algo máis de 300 espectadores.