Perdoou o Villalonga e tivo que conformarse co empate (2-2) en Cerceda
Por Redacción
A falta de acerto no remate impediu que o Villalonga lograse a vitoria na súa visita ao sempre difícil campo de O Roxo, onde o Cerceda estivo case sempre a mercé de dos de Julián Ferreiro, pero rematou rescatando un punto despois de que os visitantes tivesen logrado o máis difícil ao remontar o gol inicial de Souto, que adiantaba no marcador ao equipo vermello e branco.
Fran Matos tivo nas súas botas, xa na primeira parte, dúas ocasións claras que non acertaría a concretar. Curiosamente o gol do Cerceda lonxe de afundir ao Villalonga pareceu darlles máis forza, conseguindo facerse co control do xogo e do partido. Machu empataba, superada a media hora de xogo e Uru puido facer o segundo, pero o seu remate, tras unha lanzamento de falta botado por Marc, foi invalidado polo colexiado ao estimar fóra de xogo.
Os cambios ordenados polo técnico local, José Luis Lemos, no descanso conseguiron nivelar un tanto o xogo, pero aínda así sería o Villalonga que de novo tivera as mellores ocasións. Uru perdoou mandando fóra un remate só ante Crístofer, antes de que Miguel conseguise por fin adiantar o conxunto celeste. Non obstante, un erro defensivo, cando se enfilaba a recta final do partido, permitiu a Hugo García conseguir o empate.
C.C.D. CERCEDA (2): Crístofer; Noé, Josito, David Rey, Álex Canedo (Remeseiro, min. 37), Rodri, César Otero, Xaco (Antas, min. 46) Souto, Herbert e Quique Cubas (Hugo García, min. 46).
VILLALONGA, F.C. (2): Roberto Pazos; Leo, Marc, Miguel, Saúl, Tenorio, Nelo, Fran Matos (Quini, min. 72) Uru, Machu e Jorge Fernández (Ramón, min. 79).
Goles: (1-0) Minuto 10: Souto. (1-1) Minuto 31: Machu. (1-2) Minuto 74: Miguel. (2-2) Minuto 83: Hugo García.
Árbitro: Breogán Martínez Vila (Ourense). Amoestou a Josito, Uru, Nelo, Jorge Fernández, Quini e Antas.
Incidencias: Campo municipal de O Roxo (Cerceda). Uns de 200 espectadores.