Empresarios de Arousa piden que as Rías Baixas sexan subsede olímpica na candidatura de Madrid 2020
Por Redacción
O presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa, José Luis Vilanova, solicitou aos dirixentes políticos galegos que presenten e promovan oficialmente unha proposta para converter a Galicia na subsede para as competicións náuticas da candidatura olímpica de Madrid 2020.
Nun comunicado, José Luis Vilanova considerou que Galicia e en concreto as Rías Baixas, contan coas condicións perfectas para converterse en escenario das competicións náuticas de dita candidatura olímpica.
"Esta reivindicación supoñería unha lombeirada e un impulso definitivo para o desenvolvemento e para a promoción a nivel mundial de Galicia, ademais de xerar uns beneficios incalculables", asegurou.
Segundo indicou o empresario arousano, "ningún outro lugar da península conta cunha oferta e unhas posibilidades para o desenvolvemento da práctica dos deportes náuticos como as rías galegas". A iso, engadiu, "súmase o palmarés dos deportistas galegos vinculados cos deportes náuticos como David Cal, Támara Echegoyen ou Teresa Portela".
Por último, José Luis Vilanova recordou que para a súa candidatura ás Olimpíadas de 2012, Madrid postulou a Palma de Mallorca como
subsede para as competicións de vela, trasladándoa a Valencia para a de 2016.