As promesas do ciclismo galego, reunidas no II Mini BTT de Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado
Trescentos nenos e nenas, pertencentes a unha ducia de equipos de toda Galicia, participaron este domingo na segunda edición da Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo.
A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, disputouse nas inmediacións do antigo campo de tiro da Brilat.
Os mozos ciclistas, todos eles de entre cinco e doce anos de idade, mostraron a súa destreza coa bicicleta por un circuíto trazado no monte e deleitaron ao numeroso público que se achegou a velos competir.
Os resultados do segundo Mini BTT de Salcedo pódense consultar nesta ligazón.