O Pontevedra derrota a Coruxo e Arosa e adxudícase o XLVIII Trofeo Carneiro ao Espeto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Dobre vitoria e dobre cara do Pontevedra no Trofeo do Carneiro ao Espeto que se adxudicaron os granates con xustiza ao impoñerse ao Coruxo (2-0) e Arousa (1-0). O Arosa foi segundo tras dar a sorpresa e derrotar aos vigueses (2-1).
Os de Luisito deixaron unha excelente imaxe ante un Coruxo no que faltaban pezas importantes, gañando con solvencia e realizando un excelente fútbol, pero custoulles dobregar a un bo Arosa, que non se rendeu nunca, deixando unha boa imaxe, aínda que de novo cos seus problemas no remate que tanto lle lastraron a pasada tempada.
AROSA-CORUXO
Abriron fogo Coruxo e Arosa nun partido no que tanto Rafa Sáez como Jorge Otero reservaron efectivos á espera dos seus choques contra o Pontevedra, que ambos prevían como de maior dificultade.
Os arlequinados comezaron mellor e adiantáronse moi pronto no marcador ao rematar de cabeza o seu capitán Rivas unha falta lateral botada por Julio Rey. O gol fixo reaccionar aos vigueses, que pasaron a mandar territorialmente, logrando a igualada cando Diéguez adiantouse ao seu par para rematar de cabeza en ferro un centro de Pitu desde a esquerda.
Parecía que o Coruxo tiña o partido controlado, pero un erro na saída de balón permitiu a Sergio Santos roubar e servir en profundidade para que Guillermo, cun remate cruzado batese a Álex, logrando o segundo para os vilagarciáns, que mesmo puideron sentenciar pouco despois, pero o árbitro invalidou por fóra de xogo claro un gol do mesmo Guillermo.
Co tempo regulamentario cumprido o Coruxo puido lograr o empate, pero o excelente disparo de Pitu, desde fóra da área, estrelouse no traveseiro.
AROSA SC (2): Aarón; Fran Matos, Iago Lorenzo, Rivas, Sergio Díaz, Nacho, Carlos, Sergio Santos, Migui, Julio Rey e Guillermo.
CORUXO FC (1): Álex; Iago, Lamelas, Richi, Ros, Mario Costa, Diéguez, Facundo, Escobar, Álex Arias e Pitu.
Goles: (1-0) Minuto 3: Rivas. (1-1) Minuto 10: Diéguez. (2-1) Minuto 26: Guillermo.
Nos penaltis o Coruxo foi máis certeiro (3-1).
PONTEVEDRA-CORUXO
Maior ritmo de xogo tivo o partido entre Pontevedra e Coruxo. Os vigueses tiveron a primeira gran ocasión ao pouco de comezar, pero Anxo sacou unha man sensacional rexeitando o disparo de socato de Diéguez. Despois os granates apoderáronse da pelota e foron mellores, sacando o balón xogado desde atrás e combinando con acerto ao primeiro toque.
Froito dese mellor xogo chegaba o tanto materializado por Etxániz, ao rematar un gran centro de Lezcano desde a esquerda, para culminar unha xogada na que Prosi deixou mostras da súa calidade filtrando un pase de alta escola para o xoven xogador granate como guinda a unha sensacional combinación na zona ancha. A nota negativa estivo no golpe sufrido polo dianteiro vasco ao realizar o remate, que fixo que Luisito optase por sustituilo.
O Pontevedra seguiu buscando o gol, tanto con remates afastados como con accións combinadas. Lezcano marcou aos 21 minutos, pero o árbitro anulou o tanto por estimar un fóra de xogo que non o pareceu. Outro tanto sucedeu cun remate de cabeza de Añón (minuto 25) que tampouco subiu ao marcador, aínda que neste caso a posición antirreglamentaria pareceu existir.
Pero os granates insistiron ata ampliar a conta. De novo nunha notable xogada con intervención de Jimmy, Prosi, Lezcano e Añón, que culminou Carlos Ramos, aproveitando o rexeite na interior da área do porteiro vigués, para fusilar a media altura.
Foi un bo partido dos de Luisito, con detalles máis que notables de Jimmy, Prosi, Lezcano e Etxaniz, a presenza física de Adrián León, ademais da seguridade baixo paus de Anxo.
PONTEVEDRA CF (2): Anxo; Goldar, Jimmy, Garrido, Mongil, Adrián León, Jorge, Prosi (Álex Fernández, minuto 33), Etxaniz (David Añón, minuto 13), Carlos Ramos e Lezcano.
CORUXO FC (0): Sergio; Iago, Lamelas, Richi, Ros, Diéguez, Escobar, Álex Arias (Mario Costa, minuto 28), Pablo García, Fernando e Borja Yebra.
Goles: (1-0) Minuto 10: Etxániz. (2-0) Minuto 33: Carlos Ramos.
Os lanzamentos de penalti tamén foron para o Pontevedra (3-2).
PONTEVEDRA-AROSA
Os resultados dos dous primeiros partidos deixaban a resolución para o partido final. Pero a pesar do que prometía non foi nin de lonxe o mellor, nin moito menos o máis vistoso.
Con moita disputa pero pouco fútbol, as ocasións foron escasas e tardaron en chegar. A primeira tívoa un Pontevedra máis espeso na construción que no choque anterior fronte ao Coruxo e sen un referencia clara en ataque. Mouriño cruzou en exceso un pase de Añón, cando estaba só, aos 20 minutos. Despos o Arosa seguiu aguantando ben defensivamente, pero apenas chegaba á área de Edu.
Os de Luisito non atopaban a forma de facer dano aos vilagarciáns, pero a calidade individual terminou por decidir. Cando o partido entraba na súa recta final, un disparo afastado de Carlos Ramos rexéitao como pode Lloves. Álex González adiántase e protexe o balón, interpoñendo o corpo para que Batallón arróielle. O claro penalti transfórmao David Añón.
O Arosa tirou de orgullo, pero non lle deu máis que para un disparo de Óscar, por encima do traveseiro.
PONTEVEDRA CF (1): Edu; Mongil, Bruno, David Castro, David Añón, Kevin Presa, Mouriño (Carlos Ramos, minuto 24), Antón, Juan, Álex Fernández e Álex González.
AROSA SC (0): Lloves; Marcos Lorenzo, Suso, Marcos, Batallón, Sidibé, Sylla, Óscar, Javi Pazos, Manu Xusto e Iván.
Goles: (1-0) Minuto 36: David Añón, de penalti.
Incidencias: Campo Municipal de Mirallos (Moraña). Bo ambiente, con algo máis de 600 espectadores e representación das afeccións dos tres equipos. XLVIII Trofeo Carneiro ao Espeto. Xogouse polo sistema de todos contra todos en partidos cun só tempo de 45 minutos, lanzándose ao final de cada un quendas de tres penaltis para decidir posibles empates. Os partidos foron dirixidos polo mesmo trío arbitral, todos eles do colexio de Pontevedra, alternándose na dirección principal. Fariña Biasi dirixiu o Arosa-Coruxo, Pastoriza Iglesias o Coruxo-Pontevedra e Lois Carro o Pontevedra-Arosa.
Relacionadas:
-
O Arosa paga a súa falta de puntería e regala o empate ao final a un Ourense con dez (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra pecha a pretemporada cunha discreta vitoria en Marcón (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra supera con autoridade á UD Ourense (0-3)
Por Redacción |
-
A tradicional ofrenda á Virxe Peregrina marca o comezo da tempada granate
Por Ramiro Espiño |
-
A efectividade do Pontevedra imponse a un bo Céltiga (1-3)
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra camiña con paso firme e resolve con autoridade ante o Estradense (0-4)
Por Ramiro Espiño |
-
Golazos da canteira na vitoria do Pontevedra sobre o Porriño (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Dous erros defensivos condenan un digno Pontevedra ante o Sporting de Gijón (1-3)
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
Sporting de Gijón, un rival de altura en Pasarón para o torneo Ciudad de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Para carneiro, Moraña. E se é ao espeto, xunta miles de persoas
Por Diego Torrado |
-
Gimnástica Segoviana a domicilio, primeiro rival do Pontevedra na Copa do Rei
Por Ramiro Espiño |
-
Celta B, Bouzas e Cerceda, arranque galego para o Pontevedra nun novo ano na Segunda B
Por Alejandro Espiño |
-
Demasiado Deportivo para un voluntarioso pero verde Pontevedra no Luís Otero (0-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O clásico do verán enfronta a Pontevedra e Deportivo na posta de longo granate
Por Ramiro Espiño |
-
Prosi, ambicioso no seu primeiro día como granate: "Llego con la expectativa clara de subir a Segunda"
Por Diego Espiño |