A carreira do Santiaguiño do Burgo xa ten gañadores: Manuel Hurtado e Leticia Fernández
Case medio milleiro de atletas, na súa proba absoluta, cumpriron coa tradición do día grande das festas do Santiaguiño do Burgo, iniciar a xornada facendo deporte. Foron os participantes da vixésimo primeira edición da carreira popular que se organiza no barrio, penúltima cita co Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.
Manuel Hurtado foi, este ano, o gañador da proba masculina. Completou os 6,5 quilómetros do percorrido en 20 minutos e 9 segundos. Superou en 17 segundos ao que resultou ser o seu principal rival, Elías Domínguez. Terceiro foi José Manuel Vieito, que parou o seu crono en 20:32.
Na categoría feminina, o triunfo foi para Leticia Fernández, que deu todo un recital na proba. Entrou en liña de meta cun tempo de 25 minutos e 10 segundos. A súa vantaxe con respecto á segunda clasificada, Mari Ángeles Castro, foi de 41 segundos. O podio completouno Paula Santos, que acabou a carreira en 25:54.
As clasificacións completas pódense consultar nesta ligazón.
A proba, como é habitual, saíu da ponte do Burgo e mesturou terra e asfalto, entrando na Xunqueira de Alba antes de regresar ao momento inicial.
Ademais da carreira absoluta, centos de nenos e adolescentes participaron nas probas de categorías inferiores, que se disputaron nas inmediacións da ponte.
Relacionadas:
-
A carreira de Santiaguiño do Burgo, con Luís Alcántara na memoria
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra non terá sexta edición
Por Diego Espiño |
-
O Medio Maratón de Pontevedra supera o milleiro de inscritos e camiña cara a un novo éxito de participación
Por Redacción |
-
O XXII Medio Maratón de Pontevedra abre inscricións e aposta pola continuidade
Por Redacción |
-
Os fogos artificiais iluminan o Lérez na noite de Santiaguiño do Burgo
Por Diego Torrado |
-
O Burgo celebra o Día de Santiaguiño coa chegada dos primeiros froitos
Por Diego Torrado |
-
Carreira Popular de Santiaguiño do Burgo, a virtude de non cambiar o que funciona
Por Diego Espiño |
-
Cando 'correr salva vidas' en Pontevedra
Por Diego Espiño & Diego Torrado |