A +10 Marín terá, un ano máis, carreira infantil
Por Redacción
Superar o medio milleiro de participantes. É a barreira que busca superar a +10 Marín cunha nova edición da súa carreira infantil, unha proba patrocinada pola Devesa baixo a organización técnica do Club San Miguel de Marín.
Xa está aberto o prazo de inscrición para unha carreira na que, o pasado ano, participaron 487 nenos e nenas.
As categorías habilitadas pola organización serán nesta ocasión as de biberóns onde poden participar nenos de 0 a 3 anos, chupetes con nenos de 4 e 5 anos, pre benxamíns con nenos de 6 e 7 anos, benxamíns con nenos de 8 e 9 anos, alevíns con nenos de 10 e 11 anos, infantís con nenos de 12 e 13 anos e cadetes de 14 e 15 anos respectivamente.
As distancias irán paralelas ás idades dos nenos, oscilando desde os 100 metros para os máis pequenos e os 1.500 metros.
Todos os interesados poderán realizar a inscrición persoalmente na alcaldía do Concello de Marín en horario de mañá ou na panadería A Devesa situada na rúa Almuiña de Marín en horario de mañá e tarde.
Tamén se poderán apuntar o mesmo día da carreira na liña de saída situada na Alameda Rosalía de Castro ata 30 minutos do comezo das carreiras.
Relacionadas:
-
A carreira popular +10 Marín estrea gañadores: Antonio Serrat e Joselyn Brea
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Máis de 700 atletas competirán nunha +10 Marín de récord
Por Redacción |
-
Carlos de la Torre, homenaxeado pola carreira +10 Marín
Por Redacción |
-
29 de xullo, data escollida para a sexta edición da carreira +10 Marín de homenaxe a Manuel Rosales
Por Redacción |