O LVIII Trofeo Luís Otero ante o Deportivo, primeira ocasión para ver en acción ao Pontevedra 2017/2018
Por Diego Espiño
Chegará un pouco pronto para o Pontevedra, con apenas unha semana de adestramentos ás costas, pero será a primeira ocasión de ver en acción o novo proxecto granate e ante un rival de entidade, como o Real Club Deportivo da Primeira División.
A Deputación de Pontevedra acolleu este venres a presentación do LVIII Trofeo Luís Otero, que servirá de presentación do equipo pontevedrés ante a súa afección o vindeiro martes 25 de xullo (20:00 horas, Estadio Municipal de Pasarón).
Aínda que tradicionalmente o Luís Otero celebrábase avanzado agosto, dentro da programación das Festas da Peregrina, nesta ocasión será a primeira cita da pretempada debido á "vinculación especial" do Deportivo coa figura do Luís Otero, sendo o propio club herculino o que solicitou xogar este trofeo en lugar do Cidade de Pontevedra, explicou a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo.
Ao choque poderán acceder os socios do Pontevedra que retiren o abono da nova tempada, que estará dispoñible nas oficinas do estadio.
Para os demais, as entradas de público fixáronse en 16 euros na bancada de Tribuna, 12 euros en Preferencia e 8 euros nos fondos. Os xuvenís deberán abonar 5 euros e os infantís 3 euros.
Relacionadas:
-
Demasiado Deportivo para un voluntarioso pero verde Pontevedra no Luís Otero (0-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O clásico do verán enfronta a Pontevedra e Deportivo na posta de longo granate
Por Ramiro Espiño |
-
Prosi, ambicioso no seu primeiro día como granate: "Llego con la expectativa clara de subir a Segunda"
Por Diego Espiño |
-
O Sporting de Xixón, segundo prato forte na pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Os xogadores do Pontevedra CF, a exame médico
Por Redacción |
-
Bota a andar o Pontevedra con once caras novas, dúas fichaxes pendentes e o play-off como obxectivo
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
A pretempada granate empeza a concretar datas e rivais
Por Redacción |