Recepción municipal ao Piragüismo Verducido tras "unha tempada brillante"
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, ofreceu este mércores unha recepción ao Club Piragüismo Verducido Pontillón despois de "unha tempada espectacular".
Así cualificou Lores a actuación dos plaistas do club pontevedrés durante os últimos meses. Acudiron os integrantes do K-4 ou a cadete Raquel Torres, campioa de España.
Precisamente Raquel Torres será protagonista no próximo reto do Verducido, ao ser seleccionada para o Festival Olímpico da Xuventude que se celebrará en Hungría entre o 21 e o 30 de xullo.
A propia padexeira, que competirá nas probas de kaiak de 200 e 500 metros, recoñeceu estar "bastante nerviosa" ante a que será a súa primeira experiencia internacional, na que espera "hacerlo lo mejor posible".
Os deportistas, que acudiron á recepción acompañados do seu adestrador e do presidente do club, recibiron un pequeno obsequio de mans do alcalde, que asegurou ver neles ás "figuras do futuro" do deporte pontevedrés.
Relacionadas:
-
Federación Galega e o Club Verducido deixan atrás diferenzas e únense para promocionar o piragüismo
Por Redacción |
-
O Piragüismo Verducido recupera, vía xudicial, a caseta que usaba como bar no Pontillón
Por Redacción |
-
Notable estrea dos piragüistas pontevedreses no Mundial junior e sub-23 de Romanía
Por Alejandro Espiño |
-
Raquel Torres e Manuel Fontán, seleccionados para o Festival Olímpico da Xuventude
Por Redacción |