Condes de Albarei-Teucro, nova denominación do equipo tras asinar un "importante" acordo de patrocinio
Por Diego Espiño
Despois de moito traballo e de buscar apoios en cada recuncho, a Sociedad Deportiva Teucro presentou este mércores ao que vai ser o seu novo patrocinador principal, Condes de Albarei.
Trátase de "un acuerdo muy importante para nosotros", recoñece o presidente teucrista Carlos García-Alén, xa que permitirá elevar considerablemente os ingresos do equipo e as perspectivas de loitar pola permanencia na máxima categoría nacional.
Aínda que na presentación do acordo non se quixo desvelar a contía económica, si se garantiu que se establece unha cantidade fixa importante en relación ao orzamento actual da entidade e ademais engádense unha serie de variables que poderían aumentala.
Desta forma, o equipo non só levará no frontal da súa camiseta a imaxe da adega cambadesa, senón que tamén cambia de denominación e pasará a chamarse Condes de Albarei-Teucro durante o próximas tres tempadas, aínda que "se puede alargar en el tiempo", sinalou García-Alén.
"Son siete años los que llevamos en la directiva y es la primera vez que tenemos un acuerdo de este tipo", valorou o dirixente na presentación do patrocinio celebrada na Casa da Luz coa presenza de María Dolores Calvo Méndez, presidenta de Condes de Albarei, e Xavier Zas, director xeral da adega, que se declararon satisfeitos polo acordo alcanzado cun club da importancia do vicedecano do balonmán nacional.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O Condes de Albarei Teucro vai de vendima
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Zamora, primeiro rival do Teucro nunha Liga Asobal que arrancará o 9 de setembro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os laterais da SD Teucro refórzanse con Yoan Balázquez e Bruno de Castro
Por Alejandro Espiño |
-
Seis partidos confirmados para a pretempada teucrista
Por Redacción |
-
Asobal dá o OK á documentación presentada polo Teucro para competir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
Edu Moledo renova por unha tempada co Teucro
Por Redacción |
-
Chegar aos 2.000 socios, obxectivo do Teucro nunha ambiciosa campaña de abonados
Por Diego Espiño |
-
Renovación de Iván Fernández nun Teucro que ten case perfilado o seu plantel
Por Redacción |