Xornada de gran atletismo no CGTD co Campionato Galego Absoluto
Por Redacción & Diego Torrado
O mellor atletismo galego citouse este sábado na pista do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no Campionato Galego Absoluto.
No medio dun gran ambiente durante toda a xornada, os atletas da Sociedad Gimnástica mostraron un gran nivel na casa, con 4 medallas de ouro e outros 18 postos de podio nas diferentes probas.
Os campións galegos do club pontevedrés foron Adrián Lago (1.500 metros), Manuel Hurtado (5.000 metros), Darío Costas (altura) e Víctor Gallego (peso).
Outro dos puntos de atención na xornada estaba nas marcas de Jean Marie Okutu en lonxitude ou Lidia Parada en xavelina, en busca ambos da marca mínima para acudir ao Mundial de Londres.
No caso de Okutu, o marinense fíxose comodamente co ouro, pero cun mellor salto de 7,81 metros no seu quinto intento quedou lonxe de conseguilo. Tampouco o logrou a barbancesa Lidia Parada en xavelina, con 52,59 metros como mellor intento.
Consulta aquí os resultados do Campionato Galego Absoluto de Atletismo.
Relacionadas:
-
Recepción en Marín a Okutu tras o seu novo éxito nos campionatos de España
Por Redacción |
-
Okutu revalida en Barcelona o seu título de campión de España de salto de lonxitude
Por Redacción |
-
Unha medalla e tres postos de finalista para a Gimnástica no Nacional Junior de atletismo
Por Redacción |
-
Atletismo de nivel na pista do CGTD
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Paula de la Torre, bronce no Campionato de España Cadete de atletismo
Por Redacción |