O Arxil cumpre cos requisitos da FEB e inscríbese en Liga Feminina 2
Por Redacción
A xunta directiva do Club Baloncesto Arxil formalizou este venres a inscrición do primeiro equipo na Liga Feminina 2.
Varios días antes de que expire o prazo dado pola Federación Española de Baloncesto (finaliza o luns 17 de xullo), o club verde entregou a documentación e avais necesarios para manterse na categoría de prata do baloncesto feminino nacional.
En concreto os custos de competición compóñense de 1.300 euros de inscrición e a presentación dun aval bancario de 13.500 euros.
Aínda que se trata dun trámite, superalo achega tranquilidade ao club pontevedrés a falta de concretar o orzamento co que contarán a próxima tempada.
A Liga Feminina 2 arrincará o próximo 30 de setembro, nun formato previsto de dous grupos de 14 equipos cada un, xogando os catro primeiros de cada grupo ao final da liga regular polo ascenso de categoría e descendendo os dous últimos clasificados.
Tanto a composición dos grupos como o sorteo de competición levaranse a cabo unha vez pechado o prazo de inscrición e confirmados os equipos que participarán.
Mentres iso sucede o Arxil avanza na composición do plantel e asegura ter preto as renovacións de Ana Román, Ana Marín, María Centeno, Aldara Váxquez e Noa. Ademais búscase no mercado un reforzo máis para o posto de aleiro ou ala-pívot.
Relacionadas:
-
O Arxil comezará a liga na casa fronte o Siglo XXI catalá
Por Redacción |
-
Alivio no Arxil por evitar aos equipos canarios na repartición de grupos da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil renuncia ao ascenso do seu filial a Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Renovación no Arxil, que acorda a continuidade de Cristina Díaz-Pache
Por Redacción |
-
María Lago renova e cumprirá o seu sétimo ano no Arxil
Por Redacción |
-
A pívot colombiana Tatiana Mosquera ficha polo Arxil
Por Redacción |
-
Arantxa Mallou seguirá unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |