As carrilanas chegan a San Xurxo de Sacos
Por Redacción
A comisión de festas de San Xusto e San Pastor, en Cotobade, apostou por incluír este ano un evento deportivo e popular coa I Baixada de Carrilanas Carballeira de San Xusto.
Este espazo da parroquia de San Xurxo de Sacos será escenario da estrea desta particular e divertida proba deportiva o sábado 22 de xullo, un evento que aspira a ser "un gran éxito", recoñeceu o presidente de Cercedo-Cotobade, Jorge Cubela.
A proba está organizada polo propio Concello coa colaboración da comisión de festas e a Federación Galega de Deportes de Inercia (FGDI).
A baixada, sexta cita puntuable do Campionato Galego, desenvolverase nun tramo de 500 metros na contorna da carballeira e contará cun total de nove categorías, segundo sinalaron na súa presentación.