Gómez Noya retoma o pulso ás Series Mundiais en Hamburgo
Por Redacción
Despois da súa ausencia na carreira de Leeds, Javier Gómez Noya volve competir nas Series Mundiais de tríatlon coa cita da próxima fin de semana na localidade alemá de Hamburgo.
Trátase dunha carreira con moita tradición no circuíto pero que deixou de ser especialmente propicia para o galego ao pasar a disputarse baixo distancia sprint (750 metros a nado, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé).
A preparación de Gómez Noya esta campaña vai encamiñada a probas de maior distancia, pensando mesmo no Mundial 70.3, pero non por iso renuncia a facer un bo papel en Alemaña, onde defende o seu terceiro posto na clasificación xeral das Series Mundiais (1.862 puntos).
Entre os seus rivais destacan os dous primeiros do Mundial, o talaverano Fernando Alarza (2.743 puntos) e o mallorquino Mario Mola (2.064), pero tamén Jonathan Brownlee, que vén de ser segundo en Leeds.
A carreira elite masculina en Hamburgo disputarase este sábado 15 de xullo a partir das 16:00 horas.
Relacionadas:
-
Gómez Noya, sexto en Edmonton, mantense terceiro nas Series Mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Gómez Noya afúndese no último quilómetro e acaba quinto en Hamburgo
Por Diego Espiño |
-
O Concello de Pontevedra, patrocinador de Javi Gómez Noya durante os dous próximos anos
Por Diego Espiño |
-
Día duro para Javi Gómez Noya en Yokohama
Por Diego Espiño |
-
A distancia sprint resísteselle a Gómez Noya, cuarto en Gold Coast
Por Diego Espiño |
-
Regreso soñado de Gómez Noya ás Series Mundiais, con vitoria en Abu Dhabi
Por Diego Espiño |