VÍDEO.- Cálido recibimento a Águeda Cons tras as súas tres medallas no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Familiares, amigos, compañeiros do Club Natación Galaico, directivos do club e ata a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acudiron este luns á estación de tren de Pontevedra para dar un cálido e merecido recibimento a Águeda Cons, tripla subcampioa de Europa junior de natación.
A deportista pontevedresa emocionouse ante as mostras de agarimo que "non esperaba" despois de conseguir en Israel tres medallas de prata nas tres probas individuais que disputou: os 400, 800 e 1.500 libre. Ademais a remuda 4x200 español do que formaba parte rozou o podio concluíndo na cuarta posición.
Aínda por riba Águeda rebaixou sensiblente a súa mellor marca persoal nas tres distancias individuais establecendo incluso un novo record absoluto no 400 libre (4:10.13), arrebatando tal honra á olímpica María Vilas.
"La verdad que ha ido muchísimo mejor de lo que me esperaba. Mejores marcas, ambiente, picina, todo", sinalou á súa chegada á estación, recoñecendo que esperaba rebaixar os seus tempos "pero tanto tampoco" e que estas medallas, xunto á lograda o pasado ano por equipos no Europeo de Augas Abertas, son o mellor recordo déixanlle.
En todo caso, aos seus 16 anos e convertida xa por dereito propio nunha das grandes promesas da natación nacional, Águeda Cons non se conforma e mira xa con ambición ao que será o seu gran reto da tempada, o Campionato do Mundo Junior que se celebrará a finais de agosto en Indianápolis (EEUU).
Antes, do 6 ao 9 de xullo, competirá ademais no Campionato Galego que o seu club, o Natación Galaico, organiza na piscina olímpica de Pontemuiños.
Relacionadas:
-
Recoñecemento nacional a Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD
Por Diego Espiño |
-
Segundo bronce de Águeda Cons para pechar con nota o Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Bronce! Águeda Cons logra no 800 libre a súa primeira medalla no Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons estréase no Mundial Junior de Indianápolis cun sexto posto na remuda
Por Redacción |
-
A natación galega é cousa do Galaico
Por Redacción |
-
Entretido arranque do Campionato Galego de natación en Pontemuíños
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A piscina de Pontemuíños, lista para acoller a gran cita da natación galega
Por Diego Espiño |
-
Tres de tres! Águeda Cons consegue no 1.500 a súa terceira medalla de prata no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons brilla con luz propia en Israel e logra a súa segunda medalla no Europeo Junior
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons, subcampioa de Europa junior de natación en Israel
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons afina a súa posta a punto para o Campionato de Europa Junior de Natación
Por Redacción |