Un Portonovo en inferioridade aguanta as acometidas do líder para salvar un valioso empate (1-1)
Por Redacción
A pesar das baixas e de xogar en inferioridade máis de media hora, o Portonovo de Ricardo Fernández salvou un importante punto na visita do líder Cultural Areas a Baltar (1-1).
Os arlequinados seguen invictos no seu feudo despois de adiantarse no marcador cun gol de Álex Cubas ao comezo do segundo tempo, neutralizado pouco despois polo visitante David.
O Areas buscou o triunfo nos últimos minutos apoiándose na superioridade numérica, pero os locais tiveron tamén as súas opcións para levarse a vitoria. O Portonovo queda agora a dous puntos da segunda praza.
PORTONOVO SD (1): Marcos, Melchor, Gándara, Iván Renda, Bolo, Suso Bea, Víctor, Martín, Manu Sieiro (Agus, min.83), Nacho, Álex Cubas.
CULTURAL AREAS (1): Vitas, Damián, Cuco, Samuel, Vicente, Cañi, Tabi, Portas (Hugo, min.64), David (Ferreiro, min.74), Carlos (Brais, min.90), Arenas (Álex, min.86).
Árbitro: Soto Pérez (Santiago). Amoestou a Melchor e Álex Cubas no Portonovo e a Cañi, Cuco, Samuel, David e Brais no Cultural Areas. Expulsou por dobre cartón ao local Martín no minuto 50.
Goles: 1-0 Álex Cubas, min.48; 1-1 David, min.59.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.