Importante triunfo do Sanxenxo en Gondomar (1-3) que o aúpa á segunda praza
Por Redacción
Despois dunha pequena mala xeira de resultados o Sanxenxo recuperouse definitivamente no mellor momento para asaltar de novo a segunda praza e soñar co ascenso á Terceira División.
Os amarelos conseguiron sobrepoñerse á expulsión de Diego Blanco pouco despois de empezar a segunda metade, cando o marcador reflectía un 1-1, para impoñerse a un rival directo como o Gondomar no seu feudo (1-3).
Cuchi adelantou ao Sanxenxo minutos antes do descanso, Javi en propia porta puxo as táboas e no tramo final Nel e Curri decidiron o choque.
GONDOMAR CF (1): Jacobo, Nando (Eloy, min.85), Toni, Lucas, Carlo (Ferro, min.82), Pibe (Manu, min.75), Silvio, Víctor, Breixo, Libo (Trejo, min.75), Rubén.
XUVENTÿ SANXENXO (3): Vladimir, Minso, Fiti, Javi, Alfonso, Deivi, Diego Blanco, Cañi (Borja, min.89), Cuchi (Galdames, min.70), Nel (Suso, min.87), Curri (Diego Vidal, min.83).
Árbitro: Cinza Seoane (Ferrol). Amoestou aos locais Pibe, Silvio, Eloy, Toni, Lucas e Trejo e aos visitantes Alfonso e Suso. Expulsou ao xogador do Sanxenxo Diego Blanco por dobre amarelo (min.53).
Goles: 0-1 Cuchi, min.43; 1-1 Javi (p.p), min.50; 1-3 Curri, min.82.
Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas.