Todo un campión da ACB para o Campus Baloncesto Pontevedra
Por Diego Espiño
Hai un ano estivo a compartir experiencias coas novas promesas da canastra en Pontevedra, e comprometeuse a volver en 2017. Non sabía por aquel entón Pierre Oriola que o faría como flamante campión da Liga ACB tras un gran ano co Valencia.
Precisamante o seu sobresaliente rendemento tivo recompensa coa convocatoria coa Selección Española, que case lle aparta da súa cita con Pontevedra. Pero nin iso foi impedimento para que o ala-pívot catalán poida ser unha das estrelas invidatas no Campus Baloncesto Pontevedra que dirixe o seu amigo Cuco Rodríguez, preparador físico ata esta campaña no Betis (antes Baloncesto Sevilla) da máxima categoría nacional.
Un total de 75 nenos e nenas de 9 a 18 anos participarán nunha nova edición do campus, que levará a cabo do 2 ao 9 de xullo nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe e no que tamén participará Alfonso Sánchez, xogador do Betis.
"Creo que ya podemos decir que estamos asentados y que vamos a crecer", recoñeceu na presentación do proxecto Cuco Rodríguez, xa que este ano "agotamos plazas muy pronto" e a lista de espera para poder participar foi importante.
Durante unha semana os nenos e nenas afrontarán dous adestramentos ao día, ademais de diferentes actividades pensadas para a súa diversión e as visitas dalgúns dos seus ídolos, cos que poderán convivir e ata compartir mesa redonda para coñecelos en profundidade.
Sete adestradores, entre eles Manu Santos (Xuven Cambados de LEB Prata) ou Víctor Fernández (seleccionador galego cadete), e un fisioterapeuta completan o corpo técnico do campus.
Relacionadas:
-
Unha medallista olímpica para o Campus Baloncesto Pontevedra
Por Redacción |
-
Campión ACB, internacional español e mestre no Campus Baloncesto Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alfonso Sánchez e Pierre Oriola serán os invitados do Campus Baloncesto Pontevedra 2017
Por Redacción |
-
Pierre Oriola, de xogador de moda na ACB a mestre no Campus Baloncesto Pontevedra
Por Cristina Saiz |