Bea Gómez pon a guinda ao Open de Natación cun bronce e a súa terceira mínima para o Mundial
Por Diego Espiño
Broche de ouro para o Campionato de España Open de Natación na piscina de Ponte Muiños, que vibrou como nunca na final dos 200 estilos feminina para levar en volandas a Bea Gómez Cortés cara á súa terceira medalla, esta vez bronce, e tamén terceira mínima para o Mundial de Barcelona do próximo mes de xullo.
Bea Gómez: "desde que me clasifiqué para Londres no me había vuelto a acercar a esta marca, a bajar de 2:13. No puedo pedir más"
A nadadora do Club Natación Galaico, que renunciou a participar na final dos 100 libres, parou o cronómetro en 2:12:09, rebaixando o récord galego e quedando detrás da húngara Zsuzsanna Jakabos e a catalá Mireia Belmonte, a grande estrela do Open con seis mínimas mundialistas e outras seis medallas, cinco de ouro tras impoñerse na última xornada nos 400 libres, onde ademais rozou a plusmarca nacional. Catro días en Pontevedra que deixan á dobre medallista olímpica un gran sabor de boca, "ha sido un campeonato muy bueno, estoy sorprendida porque cada día me he encontrado mejor". Belmonte lévase de Pontevedra ademais unha grata impresión do ambiente vivido, "la gente ha estado muy entregada, ha venido a vernos y eso es de agradecer".
Con permiso de Mireia, Bea Gómez centrou gran parte dos focos informativos despois dun Open onde, segundo a pontevedresa, as cousas non lle podían ter ido mellor, "a parte de conseguir otra mínima también estoy orgullosa en el último día de campeonato haber aguantado bien la última prueba con todo el cansancio acumulado y conseguir bajar mi mejor marca personal, desde que me clasifiqué para Londres no me había vuelto a acercar a esta marca, a bajar de 2:13. No puedo pedir más".
"Estoy contenta por todas las pruebas, aunque la que más el 800 libres, para nada me esperaba hacer 8:26, ni de coña vamos"
Con tres medallas, dous de prata en 400 estilos e 800 libres, e a de bronce deste domingo nos 200 estilos, Bea asegura ter cumprido todos os obxectivos, aínda que algunha marca foi inesperada para ela, "estoy contenta por todas las pruebas, aunque la que más quizás el 800 libres porque para nada me esperaba hacer 8:26, ni de coña vamos". A nadadora do Galaico preparará agora o Mundial en Pontevedra, aínda que non descarta cambiar de lugar de adestramento despois do verán, "hay muchas opciones, tendré que pensarlo con calma".
A derradeira xornada do Open deparou en total sete mínimas mundialistas: as de Bea Gómez e Mireia Belmonte en 200 estilos, a da propia Belmonte en 400 libres xunto a Melanie Costa, Marina García en 200 braza, Rafa Muñoz en 50 bolboreta e Duane da Rocha en 100 costas.
Digna actuación de Xenia Vilariño, Nerea Rodiño e Iria García
A participación pontevedresa completouse na última xornada co duodécimo posto de Nerea Rodiño nos 50 bolboreta e o undécimo e décimoter lugar respectivamente de Xenia Vilariño e Iria García nos 400 libres.
Dende o Club Natación Galaico, organizar do campionato, o balance dos catro días é máis que positivo, segundo o seu presidente Alfonso Gallego, "se resume en excepcional, la gente del club se ha volcado en la organización y todo ha ido rodado", unha apreciación que tamén comparte o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, "todo foi espléndido. Nós apostamos tódolos anos pola natación, polo piragüismo, polo triatlón... é unha forma de achegar xente a Pontevedra".
Relacionadas:
-
Dous récords de España e catro mínimas mundialistas na terceira xornada do Open de Natación
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Só Mireia pode con Bea Gómez, nova prata e mínima coa quinta mellor marca mundial do ano en 400 estilos
Por Diego Espiño |
-
Prata e mínima mundialista para Bea Gómez Cortés na primeira xornada do Campionato de España
Por Diego Espiño & Diego Torrado |