Protagonismo de Teresa Abelleira na V Gala do Fútbol Feminino Galego
Por Redacción
Cambados foi escenario o fin de semana da V Gala do Fútbol Feminino Galego, organizada un ano máis pola Revista do Fútbol Feminino Galego.
Unha xogadora foi a gran protagonista da xornada, a pontevedresa Teresa Abelleira, ao recibir ata tres galardoes como mellor promesa galega da tempada, mellor mediacentro dereita do grupo I de Segunda División, e mellor xogadora galega da categoría, na que militou nas filas do Real Club Deportivo.
O seu papel determinante no Deportivo, club que ten como obxectivo ascender á máxima categoría, e o recente subcampionato de Europa Sub-17 con España, foron motivos de peso nesta elección.
O premio máis importante, o de mellor xogadora, foi para Vero Boquete tras quedar ás portas do título da Champions League co PSG, mentres Chicho Val (Atlántida Matamá) foi recoñecido como o mellor técnico galego e o Deportivo como o mellor equipo.
Ademais da gala celebrada no Auditorio Municipal de Cambados, a localidade pontevedresa acolleu tamén a estrea do 'partido das estrelas' do fútbol feminino, disputado no Campo de Burgáns.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira, flamante campioa de Europa coa Selección Española Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, preseleccionada para participar no Mundial Sub-20
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira pon rumbo ao Europeo Sub-19 coa Selección Española
Por Redacción |
-
Tere Abelleira consolídase na Selección Española Sub-19
Por Redacción |
-
Os premios San Xoán aos mellores deportistas locais do ano son para...
Por Redacción |
-
Os penaltis deixan sen título a Tere Abelleira no Europeo Sub-17 de seleccións
Por Redacción |
-
Tere Abelleira clasifícase coa Selección Española para a final do Europeo Sub-17
Por Redacción |