Natación sincronizada de "nivel" na piscina olímpica de Pontemuiños
Por Redacción
A natación sincronizada autonómica ten unha cita a próxima fin de semana, os días 24 e 25 de xuño, co Campionato Galego de Nivel.
O considerado evento máis importante da sincronizada en Galicia servirá de preparación para os próximos campionatos de España e ruenirá a 150 deportistas de sete clubs nas categorías alevín, infantil e xuvenil.
"Es la primera vez que el campeonato tiene una duración tan larga debido al aumento de nadadoras", recoñeceu na presentación do evento a presidenta do Galaico Sincro, Belén Álvarez.
A competición iniciarase ás 10:30 horas do sábado coas rutinas individuais, mentres desde as 16:45 horas celebraranse as rutinas combinadas. Pola súa banda o domingo 25 será quenda dos dúos (10:35 horas) e a proba de equipos (16:40 horas).
Participarán na cita, ademais do Galaico Sincro, o Club Natación Sincronizada Pontevedra, Sincro Ferrol, Portamiña de Lugo, Sincro Ourense, RCN de Vigo e Rías Baixas.