Só Mireia pode con Bea Gómez, nova prata e mínima coa quinta mellor marca mundial do ano en 400 estilos
Por Diego Espiño
Espectacular xornada de natación na piscina de Ponte Muiños no segundo día do Campionato de España Open. Ata once nadadores lograron a mínima mundialista, aínda que só oito terán dereito a ir a Barcelona polo límite de dous deportistas por proba.
As grandes protagonistas da xornada foron de novo Mireia Belmonte e a pontevedresa Bea Gómez Cortés nunha vistosa final dos 400 metros estilos na que a nadadora catalá marcou un rexistro de 4:35:27, mellor marca mundial do ano, seguida de preto pola nadadora do Club Natación Galaico cun 4:39:86, unha prata que supón nadar cinco segundos por debaixo do seu anterior tempo e de paso colocarse como a quinta nadadora máis rápida do ano a nivel mundial, conseguindo por descontado a mínima para Barcelona
"No esperaba que fuera la quinta mejor marca, no me lo creo. Estoy contenta de haber bajado mi marca cinco segundos y haber conseguido la mínima aunque me da rabia por las compañeras que se han quedado fuera, especialmente por María", explicou Bea Gómez trala súa carreira.
Bea Gómez: "Ya no puedo pedir más la verdad, sólo acabar bien el campeonato"
Refírese a pontevedresa a Claudia Dasca e á riveirense María Vilas, que nadaron por debaixo do tempo esixido pero non gañaron o billete para Barcelona. Para completar a xornada redonda da deportista do Galaico, grazas ao seu quinto posto na final dos 200 libres, sendo a terceira española da proba, Bea Gómez entrou no equipo mundialista de relevos, "ya no puedo pedir más la verdad, sólo acabar bien el campeonato".
Neste segundo día de Open apareceron ademais outros nomes propios da natación española como Aschwin Windeboer campión nos 50 costas, Melanie Costa, que se impuxo nos 200 libres co mesmo tempo da húngara Zsuzsanna Jakabos, ou Mercedes Peris, campioa de España en 50 costas.
Nerea Rodiño finalista en 50 costas
Na representación local destaca a final alcanzada por Nerea Rodiño nos 50 costas, onde concluíu oitava cun tempo de 30:55 na final, sen poder mellorar o seu mellor rexistro, "estoy contenta, las marcas no han sido lo que esperaba, que era bajar de 30 pero sé que no estoy al 100%, estuve mucho tiempo sin entrenar y sabía que me iba a costar".
Ademais da nadadora do Galaico outra pontevedresa, Xenia Vilariño, nas filas do Natación Mataró, logrou o duodécimo rexistro nos 400 estilos, onde se clasificou para a final B.
Relacionadas:
-
Bea Gómez pon a guinda ao Open de Natación cun bronce e a súa terceira mínima para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
Dous récords de España e catro mínimas mundialistas na terceira xornada do Open de Natación
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Prata e mínima mundialista para Bea Gómez Cortés na primeira xornada do Campionato de España
Por Diego Espiño & Diego Torrado |