Alex Pombo e Adrián Menduíña, cambio de extremos entre Cisne e Cangas

Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán presentou este luns á súa segunda fichaxe da tempada, a do extremo Álex Pombo.
O xogador pontevedrés, formado na canteira do Teucro pero que tras un breve paso polo Balonmán Pontevedra estivo os últimos anos no Cangas, reforzará así unha posición que quedou debilitada nos cineístas.
Aos problemas de estudos de Pablo Rey únese a baixa xa segura de Adrián Menduíña, que emprende o camiño contrario a Pombo e xogará a seguinte campaña na Liga Asobal co Cangas.
O Cisne decantouse por Pombo por ser "un jugador de la cantera pontevedresa, que es el perfil que buscamos", recoñeceu o presidente do club Santiago Picallo, co engadido de poder "aportar en dos puestos, el extremo y el lateral".
O xogador pola súa banda declarouse "ilusionado con el nuevo proyecto" e convencido de que "la apuesta deportiva es buena".
Con Álex Pombo o club pontevedrés conta actualmente con 11 xogadores en plantel para afrontar o seu terceiro ano consecutivo na División de Honra Prata, polo que seguen buscando no mercado "otro extremo derecho, además de un pivote y un primera línea para el lateral", sinalou Picallo, sen esquecer a posto vacante que deixa na portería a retirada de Toño Lafuente.
Relacionadas:
-
O Cisne pon fin ao seu descanso estival e comenza coa pretemporada
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Cisne arrancará a liga o 9 de setembro na pista do Sinfín cántabro
Por Redacción |
-
O pivote Daniel Ramos, presentado oficialmente como novo xogador do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Daniel Tolmos reforza a primeira liña do Cisne
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A fichaxe do cubano Yoan Balázquez polo Teucro, pendente do recoñecemento médico
Por Diego Espiño |
-
O Cisne reforza a súa aposta na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
O Cisne di adeus á tempada cunha derrota sen paliativos en Zamora (26-18)
Por Redacción |