Adrián León súmase ás fichaxes anunciadas polo Pontevedra
Por Diego Espiño
Apenas unhas horas despois de anunciar unha batería de movementos na planificación do primeiro plantel, con dúas renovacións e os tres primeiros fichaxes, o Pontevedra confirmou á súa cuarta incorporación.
Trátase de Adrián León, futbolista cántabro de 27 anos que chega á cidade de Lérez procedente da UD Logroñés de Segunda División B.
Cunha gran envergadura (mide 1,90 metros) pode actuar como mediocentro defensivo ou no centro da defensa.
Na última tempada tivo un peso importante no equipo rioxano, xogando un total de 32 partidos de liga, nos que anotou dous goles.
Con Adrián León, que asina por un ano, son xa dez os futbolistas cos que conta o Pontevedra para a próxima tempada, ao sumarse a Kevin Presa, Aléx González, Álex Fernández, Mouriño, Edu Sousa, Añón e as fichaxes David Castro, Marcos Álvarez e Jon Etxániz.
Relacionadas:
-
Dobre fichaxe no Pontevedra, que se fai cos servizos de Miguel Ángel e Carlos Ramos
Por Diego Espiño |
-
Acordo con Bruno Rivada para a súa renovación
Por Diego Espiño |
-
David Goldar, reforzo do Pontevedra para o eixo central da defensa
Por Diego Espiño |
-
O central Víctor Mongil e o porteiro Anxo Pérez, novos xogadores do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeiras fichaxes no Pontevedra, que renova ademais a Edu Sousa e Añón
Por Diego Espiño |
-
Álex González, terceiro futbolista en aceptar a renovación
Por Diego Espiño |
-
O Deportivo visitará Pasarón na pretempada
Por Redacción |
-
Iker Alegre e Miguel Loureiro non aceptan a proposta do Pontevedra e causan baixa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada