Cambados, Vilanova e Marín empápanse do mellor baloncesto infantil
Por Redacción
A emoción do mellor baloncesto de base nacional vívese desde este domingo en Cambados, Vilanova de Arousa en Marín.
Nas dúas primeiras localidades dispútase o Campionato de España Infantil Masculino, mentres en Marín celébrase a competición feminina, cada unha das citas con 32 equipos das mellores canteiras do estado.
En Marín os pavillóns da Raña, O Sequelo e do Colexio San Narciso son escenario estes días dos partidos da primeira fase da competición, que comezou positivamente para os equipos galegos con vitorias no seu primeiro partido para Celta Zorka, Rosalía e Mariano Franciscas de Vigo.
Pola súa banda na competición masculina o máis destacado das primeiras horas de torneo foi o enfrontamento entre os equipos de Real Madrid e FC Barcelona, que levantou grande expectación e encheu as bancadas do pavillón cambadés do Pombal. O resultado foi favorable aos brancos (85-74).
Os campionatos de España infantís de baloncesto desenvolveranse ao longo de toda a semana ata as finais programadas para o vindeiro sábado 17 de xuño.
Relacionadas:
-
Marín repetirá en 2018 como sede do Nacional Infantil de baloncesto, esta vez masculino
Por Diego Espiño |
-
Real Madrid e Maresme Coelmin, campións de España infantil de baloncesto en Cambados e Marín
Por Redacción |
-
Sorteados os grupos do Nacional Infantil Feminino de baloncesto que se disputará en Marín
Por Redacción |