Monte Porreiro goza coa primeira xornada do XIX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
O cambio de escenario dos campos da Xunqueira a Monte Porreiro non restou brillantez nin animación ao Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín "Cidade de Pontevedra" que organiza a EF Portero 2000. O único inconveniente para os organizadores foi a obrigación de cambiar o sistema de competición, reducindo en catro equipos o número de participantes para deixalo en 16, ao non poder contar cun terceiro campo como en anos anteriores.
Ao longo deste sábado disputouse a primeira xornada, en sesións de mañá e tarde, con protagonismo para os seguintes equipos, encadrados en catro grupos:
- Grupo A: Athletic Club, Sporting de Portugal, EF Portero 2.000, Portonovo.
- Grupo B: Deportivo, Benfica, AJ Lérez, Pabellón.
- Grupo C: Sporting Gijón, Celta, Ural, Colegio Hogar.
- Grupo D: Real Sociedad, Valladolid, Sagrado Corazón, Victoria
Tras a disputa desta primeira xornada, Sporting de Portugal presentou candidatura para revalidar o seu título da edición anterior, con Benfica, Celta e Victoria como serios aspirantes.
Como cada ano, o bo ambiente presidiu a xornada, sendo centenares os afeccionados que acudiron a seguir as evolucións dos pequenos xogadores.
Para a matinal do domingo quedan os partidos que decidirán a clasificación, comezando ás 9:30 horas, ata a gran final, cuxo inicio está previsto para as 13:00 horas.
Os resultados completos da xornada pódense consultar aquí.
Relacionadas:
-
Suspendidos os partidos do torneo de futbol benxamín de Monte Porreiro
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |
-
Benfica supera o Celta nos penaltis e leva o "XIX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cambio de escenario pero mesma emoción para a fase final do Torneo Internacional de Fútbol Benxamín
Por Diego Espiño |
-
O torneo de fútbol-7 de Monte Porreiro desborda ilusión
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sporting de Portugal imponse nunha bonita final do "XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |