Pontevedra, fiel á súa cita anual co tríatlon
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Fiel á súa cita anual, Pontevedra gozou este sábado do tríatlon coa primeira xornada de competición do Campionato de España por Clubs, que encheu de colorido e ambiente as beiras do río Lérez.
No día en teoría menos atractivo para o público, coas probas de promoción, viviuse un gran ambiente durante as distintas carreiras con triatletas de gran nivel, como os internacionais Uxío Abuín e Zuriñe Rodríguez. Eles foron os gañadores individuais loitando por conseguir a puntuación necesaria para que os seus clubs lograsen o ascenso a Segunda División.
A nivel de equipos, os gañadores foron dous clubs galegos, o Olímpico de Vedra na categoría masculina e o Náutico de Narón na feminina, onde o Motobike Galaico Pontevedra finalizou en noveno lugar coa participación de Henar Cons, Noelia Gómez, Ana Pérez, Bethan Ami Hall e Iria García.
A competición comezou coa proba de promoción masculina (consulta aquí os resultados completos), continuou coa feminina (consulta aquí os resultados) e concluíu coa proba popular Pontealtri. Todo iso en distancia sprint e coa participación de máis de 400 deportistas.
Tras a suma dos resultados, os clubs que finalmente lograron o ascenso foron Olímpico de Vedra, Tríatlon Arteixo, Club Triatlon 401, CEA Bétera e Tríatlon Las Rozas en categoría masculina e Náutico de Narón, Canoe, Tríatlon 401, Aguias Primaflor e Avant Moncada na feminina.
Este domingo pola mañá continúa a competición coas carreiras estrela, as das Primeira e Segunda División, nas que competirán entre outros, cos seus respectivos clubs, os pontevedreses Pablo Dapena e Carmen Gómez Cortés.
A xornada arrincará ás 9:00 horas coa Segunda División Feminina, seguido ás 10:30 horas da Segunda División Masculina, ás 12:00 horas da Primeira División Feminina e por último ás 13:30 horas da Primeira División Masculina.
Relacionadas:
-
Joselyn Brea e Antonio Serrat proclámanse en Pontevedra campións galegos de tríatlon
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Longa Distancia, aposta de Pontevedra para o tríatlon en 2018
Por Diego Espiño |
-
O Cidade de Lugo Fluvial lócese no peche do Nacional por Clubs de tríatlon
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Un quinto campionato do Mundo completará o cartel do ITU Multisport Festival de tríatlon en 2019
Por Diego Espiño |
-
Comezan as restricións de tráfico para a celebración do Campionato de España de Tríatlon
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra espera "unha nova invasión do tríatlon" co Campionato de España por Clubs
Por Diego Espiño |