Un quinto campionato do Mundo completará o cartel do ITU Multisport Festival de tríatlon en 2019
Por Diego Espiño
O ITU Multisport Festival de tríatlon, que se celebrará en Pontevedra no ano 2019, engadiu unha disciplina máis á xa importante nómina de campionatos que supoñía.
Ademais dos campionatos do Mundo de tríatlon de longa distancia, tríatlon cros, dúatlon e aquatlón, agora súmase ao festival a disciplina de 'aquabike', que estará composta por unha carreira con 3.000 metros de natación e 120 quilómetros de ciclismo.
Esta modalidade "non terá carreira elite pero si grupos de idade", explicou o alcalde de Pontevedra tras a constitución do Comité Organizador do evento, no que tamén participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, e os presidentes das federación española e galega de tríatlon, José Hidalgo e Óscar Surís.
Trátase dos primeiros pasos na organización do "proyecto más ambicioso y complejo al que nos hemos enfrentando organizativamente desde la Federación", recoñeceu Hidalgo.
Non será para menos, e é que segundo as previsións iniciais que se manexan o ITU Multisport Festival atraerá a Pontevedra "máis de 4.000 deportistas" durante dez díaz, unha cifra de afluencia que sumada a adestradores ou acompañantes fai que a cidade se vaia a quedar pequena e que "vaia afectar a toda a provincia e tamén a Galicia", explicou o alcalde.
Entre as primeiras decisións que tomou o Comité Organizador está a elección da que será a mascota do evento, un loro con carga multicolor que pasa por ser "o neto deportista de Ravachol" e ao que aínda deben bautizar.
Relacionadas:
-
"As sensacións son boas" tras a avaliación Federación Internacional Tríatlon
Por Redacción |
-
A Federación Internacional de Tríatlon pasa revista a Pontevedra para o ITU Multisport Festival 2019
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro correrá o Nacional de Longa Distancia de 2018 e o Mundial 2019 en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya agradece o apoio de Pontevedra: "É aquí onde estou a gusto"
Por Diego Espiño |
-
O Campionato de España de Longa Distancia, aposta de Pontevedra para o tríatlon en 2018
Por Diego Espiño |
-
O Cidade de Lugo Fluvial lócese no peche do Nacional por Clubs de tríatlon
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra, fiel á súa cita anual co tríatlon
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Lores sobre o complexo deportivo da Parda: "gustaríame que estea rematado en 2019"
Por Diego Espiño |
-
A imaxe do ITU Multisport Festival 2019, de estrea en Avilés
Por Redacción |
-
Pontevedra será en 2019 a capital mundial do tríatlon
Por Diego Espiño |