Sábado de culto á BTT en Marín
Por Redacción
Preto de medio milleiro de bikers congregaranse este sábado en Marín na que se prevé como unha gran xornada deportiva para os amantes da bicicleta de montaña.
A cita será soble no circuíto de Chan de Xaxán, que pola mañá acollerá o VI Trofeo Ría de Marín de Mini BTT e pola tarde a novena xornada do Open de Galicia de Cross Country Olímpico XCO.
Por primeira vez o Club Ciclista Ría de Marín lánzase a organizar unha proba puntuable para o certame autonómico de XCO. Será a partir das 16:30 horas nun trazado de 4,8 quilómetros de lonxitude.
Como aperitivo desta competición, desde as 10:30 horas celebrarase a proba de Mini BTT para as categorías promesa, principiantes, prebenxamín, alevín e infantil.
A xornada foi presentada no Concello de Marín coa presenza entre outros do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o presidente do Club Ciclista Marín, Juan Carlos Ruibal, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, ou a ciclista local Irene Trabazo.