Histórico resultado da Escola Hungaresa de esgrima no Criterium Nacional de El Escorial
Por Redacción
Satisfacción na Escola Hungaresa de Esgrima polo gran resultado dos seus deportistas no Criterium Nacional celebrado a pasada fin de semana na localidade madrileña de San Lorenzo de El Escorial.
Na competición, de categoría alevín e benxamín, o club pontevedrés conseguiu cinco medallas de ouro e unha de prata cunha expedición de oito deportistas: catro tiradores en sabre masculino alevín, dúas tiradoras en sabre feminino alevín e dous tiradores en sabre masculino benxamín.
A categoría alevín masculina estivo dominada pola Escola Hungaresa, xa que Lucas Campos e Iago González avanzaron ata a final e xogáronse entre ambos o título nacional, que foi finalmente para o segundo por un apertado 10-9. Na mesma idade Samuel Ogando e Juan Ocampo concluíron nos postos 18 e 19 respectivamente.
Pola súa banda na categoría feminina alevín Leyre Grande proclamouse campioa entre as tiradoras da súa idade (2005) ao gañar na final á madrileña Paula Custa (9-6), mentres Pilar Garnelo logrou o ouro alevín (2006) repetindo o éxito que lograra xa en categoría benxamín.
En cando aos pequenos do grupo, os benxamíns, Héctor Torres logrou pleno de vitorias ata a final, gañando no enfrontamento polo ouro ao madrileño Mario Gallego (10-8). Mentres Xián Alonso proclamouse á súa vez campión na súa idade vencendo ao vasco Euken Fernández (10-6).
Relacionadas:
-
RADIO.- A Escola de Esgrima Hungaresa, pioneira en España na actividade con discapacidades visuais
Por Marisa Ciordia |
-
Dobre medalla para a Escola Hungaresa de esgrima no Trofeo Internacional Sant Jordi
Por Redacción |
-
A esgrima galega exhíbese na Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Masters de Esgrima de Galicia volve a Pontevedra dous anos despois
Por Diego Espiño |
-
A Escola Hungaresa de Pontevedra copa o podio no Campionato Galego de Esgrima
Por Redacción |