Borja Burgos é o adestrador elixido polo Marcón Atlético para a súa volta a Preferente
Por Diego Espiño
O Marcón Atlético atopou ao home que capitaneará a súa volta á Rexional Preferente desde o banco do Carrasco.
O elixido é Borja Burgos, que foi presentado este luns nun sinxelo acto celebrado na Casa da Cultura de Marcón.
Tras unha tempada complicada en Portonovo, onde dimitiu antes do final da campaña buscando un revulsivo no equipo que finalmente non chegou, o técnico asume agora un novo reto, no que a permanencia na categoría será o principal obxectivo.
Borja Burgos, que na súa etapa de xogador militou en equipos como Celta ou Pontevedra entre outros, ten como aval nos bancos tres boas tempadas ao mando do Unión Grove.
O técnico aterra no club do Carrasco xunto ao preparador físico Diego Vázquez.