Jacobo Millán, Adrián Gómez e Santi Canedo non seguirán no Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Seguen as negociacións do Pontevedra cos compoñentes do seu persoal. Na tarde deste venres o club ofreceu a renovación a David Añón, Edu Sousa, Álex Fernández, Bonilla e Álex González, que estudarán a proposta e espérase respondan á mesma no prazo dunha semana. No caso de Santi Canedo tamén se lle ofreceu continuar, pero o porteiro desestimou a proposta e non seguirá no Pontevedra.
Á baixa de Santi Canedo, que apenas contou con oportunidades ante o bo rendemento de Edu Sousa, súmanse as de dous homes cunha dilatada traxectoria no club granate como o capitán Adrián Gómez e o centrocampista Jacobo Millán, aos que o club comunicou que non conta con eles, polo que se unen a unha lista na que xa figuran nada menos que nove xogadores, os tres citados máis Capi, Mateu, Miki, Portela e os cedidos Eneko e Mario Marco.
Desde o Pontevedra quíxose agradecer especialmente os servizos prestados ata a data por Adrián Gómez e Jacobo Millán "polo seu comportamento e profesionalidade na súa longa carreira deportiva no club granate", desexándolle "os maiores éxitos na súa vida persoal e na súa carreira profesional".
Relacionadas:
-
Primeiras fichaxes no Pontevedra, que renova ademais a Edu Sousa e Añón
Por Diego Espiño |
-
Álex González, terceiro futbolista en aceptar a renovación
Por Diego Espiño |
-
O Deportivo visitará Pasarón na pretempada
Por Redacción |
-
Iker Alegre e Miguel Loureiro non aceptan a proposta do Pontevedra e causan baixa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
RADIO.- O Pontevedra ofrece un contrato de tres anos a Miguel Loureiro
Por Diego Espiño |
-
Antiviolencia multa con dureza un afeccionado do Murcia polo seu comportamento en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra comunica as primeiras baixas e traslada oferta de renovación a seis futbolistas
Por Diego Espiño |
-
Luisito, castigado con dous partidos de sanción pola súa expulsión en Murcia
Por Diego Espiño |