A Illa das Esculturas, a punto para a Gladiator Race
Por Redacción
A celebración da terceira edición da Gladiator Race do próximo sábado 3 de xuño déixase notar xa no que será o seu centro neurálxico, a Illa das Esculturas.
Máis dunha decena de persoas traballa desde hai días nas instalación dos ata 36 obstáculos que deberán superar os participantes, algúns deles con grandes estruturas de madeira que non deixaron indiferente ás persoas que, a diario, pasean pola zona.
A dura rampla chamada Montblanc, muros de madeira, os colchóns flotantes no río ou 'zamburguesas' e obstáculos como os chamados EscapeNinja ou a Panderetang formarán parte da experiencia deste ano na popular proba de obstáculos.
Finalmente, tras o peche oficial do prazo, serán 2.200 os deportistas que tentarán converterse en 'gladiadores' entre as diferentes categorías.
A Gladiator Race dará comezo ás 10:00 horas coa categoría Warrior (11 quilómetros e 36 obstáculos), a que presenta un maior número de corredores con 1.022 inscritos, con saída en quendas cada 15 minutos e un percorrido que partirá desde Tafisa para subir cara á zona de Monte Porreiro e volver cara á Illa das Esculturas.
Pola tarde, desde as 16:30 horas, será a quenda dos Rocket (6 quilómetros e 25 obstáculos) con 824 participantes.
En canto aos máis pequenos, a Gladiator Kids contará con 332 nenos e nenas acompañados dun adulto nunha proba non competitiva e que contará cun percorrido de 500 a 1.000 metros en función da idade, desde os 4 ata os 12 anos.
A Gladiator Race contará cun dispositivo especial no que participarán máis de 60 persoas entre membros da organización, a cargo de Qualité Sport Events, voluntariado, Protección Civil, Policía Local e asistencia sanitaria.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba
Por Redacción |
-
Máis de dous mil guerreiros invaden a Illa das Esculturas nunha espectacular Gladiator Race
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A Gladiator Race cumpre obxectivos e contará con 2.000 'guerreiros' na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Adestrando para converterse en auténticos 'gladiadores'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Gladiator Race promete "novas experiencias" para a súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.000 inscritos para a terceira edición da Gladiator Race a mes e medio para a súa celebración
Por Redacción |
-
Apertura de inscricións para a III Gladiator Race e para a I Urban Trail Night de Pontevedra
Por Redacción |