A Gladiator Race cumpre obxectivos e contará con 2.000 'guerreiros' na súa terceira edición
Por Diego Espiño
A conta atrás para a terceira edición da Gladiator Race de Pontevedra está xa en marcha, e é que a organización do evento comezou a instalar os obstáculos que se atoparán os participantes, xa que serán necesarios oito días de traballo para montar as estruturas necesarias de cada proba.
Serán finalmente 2.000 os 'guerreiros' que tomarán parte nas dúas modalidades, aos que se sumarán os "300 ou 400 nenos da Gladiator Kids", sinalou Serafín Martínez, representante de Qualité Sport Events, o que supón cumprir cos obxectivos marcados.
Martínez compareceu este luns ante os medios de comunicación para desvelar algúns dos detalles do evento, que encherá de bo ambiente a Illa das Esculturas o vindeiro sábado 3 de xuño.
Finalmente serán 36 os obstáculos que se habilitarán na categoría Warrior (11 quilómetros) e 22 na Rocket (6 quilómetros), con probas, recoñeceu, para reptar, con zonas de xeo, obstáculos piramidales, muros verticais e investidos "e as famosas zamburguesas". O que vén sendo "facer a mili hai anos", sinalou con humor.
Todo iso completado cunha dose de épica, personaxes vestidos de gladiadores ou un xeneral supervisando ás 'tropas' porque "máis que unha carreira vendemos unha experiencia", explicou o organizador da Gladiator Race.
Nesta ocasión todos os servizos e percorridos, incluíndo a repartición de dorsais e a zona de saída e meta, estarán centralizados na contorna da Illa das Esculturas.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba
Por Redacción |
-
Máis de dous mil guerreiros invaden a Illa das Esculturas nunha espectacular Gladiator Race
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A Illa das Esculturas, a punto para a Gladiator Race
Por Redacción |
-
Adestrando para converterse en auténticos 'gladiadores'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Gladiator Race convoca un adestramento oficial para o martes 23 de maio
Por Redacción |
-
A Gladiator Race promete "novas experiencias" para a súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.000 inscritos para a terceira edición da Gladiator Race a mes e medio para a súa celebración
Por Redacción |
-
A Gladiator Race de Pontevedra terá terceira edición en xuño de 2017
Por Redacción |