O xuvenil do Pontevedra gaña ao Deportivo B en Abegondo e ascende a División de Honra
Por Redacción
Necesitaba só un punto nas dúas últimas xornadas o equipo xuvenil do Pontevedra para lograr retornar á División de Honra, pero conseguírono á primeira.
Os pupilos de Óscar Guimeráns impuxéronse este domingo na Cidade do Fútbol de Abegondo ao Deportivo B (2-3), segundo clasificado, certificando o seu ascenso á máxima categoría nacional.
Os granates tiveron que empregarse a fondo para superar ao filial deportivista, que se adiantou á media hora de xogo.
Resultou clave a rápida reacción do Pontevedra, que empataba sete minutos despois por medio de Alejandro Barbeito. Así se chegaba ao descanso e na segunda metade, os granates foron a por todas e atoparon premio.
Lezcano no 63 e José Ramón dez minutos despois achegaban un ascenso que non perigou pese ao tanto final dos coruñeses.
Xornada redonda para a canteira granate xa que o xuvenil B tamén logrou o ascenso, no seu caso á Liga Nacional que abandona o primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Primeiros pasos na reorganización do filial e os equipos da base
Por Diego Espiño |
-
Tres goles de Lezcano completan a celebración do ascenso de Pontevedra xuvenil e Racing Villalbés (3-1)
Por Ramiro Espiño |
-
O xuvenil do Pontevedra, a un paso de asegurar o seu regreso á División de Honra
Por Redacción |