Kick Boxing Poio e ABP Sport, satisfeitos polos seus resultados no Campionato de España
Por Redacción
Bo papel o levado a cabo polo Kick Boxing Poio e polo ABP Sport de Pontevedra no Campionato de España de kick Boxing celebrado recentemente en Benidorm.
O club de Poio regresou da competición cun bo número de medallas, ata 23, destacado os ouros logrados por Cintia González, Marco Utesá e Raúl Balboa. Ademais sumaron 10 medallas de prata (Diego Soto, Ainara Álvarez, Leandro Calvo, Rodrigo Fernández, David Casades, Naiara Penas en dúas categorías, Cintia González e Antía Otero) e outras 10 de bronce (dous de Lucía Soto, Naiara Penas, Diego Soto, Cintia González, Antía Otero, Rodrigo Fernández, Marcos García ,Miguel Agraso e Benjamín Crespo).
Pola súa banda o ABP Sport acumulou 11 medallas en toda a competición, con tres ouros conseguidos por Martín Torres, Carmen Pesa e Javier Galiano. O resto de preseas foron 7 pratas e 1 bronce.
Entre os subcampionatos destacan os conseguidos por Johan Abadía e Hugo González, que gañaron as súas dous primeiros combates e só cederon no seu último enfrontamento.
Relacionadas:
-
O ABP Sport destaca no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción |
-
O ABP Sport, contento coa súa participación no Campionato Galego de Kick Boxing
Por Redacción |
-
Os deportistas de kick boxing do Odisea soben de nivel
Por Redacción |
-
O ABP Sport domina o Campionato Galego de Kick Boxing en Moraña
Por Redacción |
-
O Kick Boxing Poio tamén triunfa no Nacional
Por Redacción |
-
Bos resultados do ABP Sport pontevedrés no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción |