Edu Sousa: "el Pontevedra de este año ha hecho cosas más difíciles de la que le toca hacer el domingo"
Por Diego Espiño
Será unha empresa complicada pero o plantel do Pontevedra non perde a esperanza de remontar a eliminatoria ante o Real Murcia, despois do 1-3 do sábado no Estadio Municipal de Pasarón.
Recuperados da decepción inicial, os xogadores conxúranse agora para plantar batalla na Nueva Condomina. Quedan 90 minutos por diante e nada se pode descartar. Así o asegura un dos capitáns do equipo, Edu Sousa.
O gardameta entende que "si estamos aquí es porque estamos capacitados para competir con este tipo de equipos" e demostrouse que "en el fútbol todo es posible, todo se ha visto", defende.
Edu Sousa: "A buen seguro lo que haga el Pontevedra allí quedará para el recuerdo y ojalá sea historia"
Edu achega motivos para seguir confiando no equipo granate, xa que "si echamos la vista atrás creo que el Pontevedra de este año ha hecho cosas más difíciles de la que les toca hacer el domingo. En el minuto 80 contra el Tudelano íbamos 0-1 en casa y terminamos ganando, contra el Burgos remontamos, contra Osasuna también...".
"Todo aquel que está entrenando aquí es porque cree que puede darse la situación y nosotros vamos a hacer todo lo posible para que se dea", asegurou nada máis concluír o primeiro adestramento semanal no campo de Príncipe Felipe.
A Nueva Condomina é ademais para o porteiro granate un escenario idóneo para dar unha gran alegría á afección, un estadio "de Primera" no que soñan con facer algo grande: "a buen seguro lo que haga el Pontevedra allí quedará para el recuerdo y ojalá sea historia".
Relacionadas:
-
Esforzo sen premio dun gran Pontevedra que cae coa cabeza alta en Murcia (1-1)
Por Ramiro Espiño |
-
1.016 quilómetros de ilusión cara á remontada
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz tampouco ve a eliminatoria resolta e espera "un Pontevedra mucho más ofensivo"
Por Diego Espiño |
-
A Nueva Condomina non se encherá para recibir ao Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontevedra non estará só na Nueva Condomina
Por Redacción |
-
A contundencia e oficio do Real Murcia deixan ao Pontevedra a mercé dun milagre (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Fuches un dos miles de Pasarón? Búscate
Por Diego Torrado |