Mieres, banco de probas do Pontevedra pensando na fase de ascenso
Por Diego Espiño
Última xornada da liga regular para un Pontevedra que xa mira de esguello á fase de ascenso a Segunda División. Antes de que chegue con todo os granates deben render visita este domingo (18:00 horas) a un Caudal Deportivo que se xoga a súa permanencia na categoría de bronce.
Será un partido estraño, polo elevado número de baixas que presentarán o pontevedreses pero tamén pola importancia que Luisito lle dá a conseguir un triunfo que permita chegar en dinámica gañadora ao play-off.
Luisito: "Hai futbolistas que teñen que demostrarme que queren xogar o play-off"
"Eu quero gañar porque é o que temos que facer. A liga acaba o domingo e hai que acabar ben", incide o técnico, que quere ver tensión nos seus xogadores.
É máis a cita servirá de test para algúns membros do plantel, xa que "hai futbolistas que teñen que demostrarme que queren xogar o play-off", avisa Luisito.
O técnico de Teo viuse obrigado a tirar do equipo xuvenil para completar a convocatoria con tres deles (Iñaki Martínez, Jesús e Juan Barbeito) ante as ausencias por sanción de Miguel Loureiro e Bruno e por lesión de Capi e Mario Barco. Ademais non quere arriesgar con Añón, Abel Suárez e Álex Fernández ao estar a un cartón da suspensión, coa intención de que poidan estar dispoñibles dentro dunha semana no primeiro partido do play-off.
O colexiado do encontro será o vasco Ibai Rezola Etxebarría.
Relacionadas:
-
Intranscendente derrota do Pontevedra en Mieres (2-1) coa mente posta no play-off
Por Diego Espiño |
-
Capi lesiónase e periga a súa presenza no play-off
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Para lembrar as xestas do Pontevedra... 'primeiro hai que vivilas'
Por Redacción |
-
O Pontevedra xa mira cara aos seus posibles rivais no play-off de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Billete para o play off. O Pontevedra permítese soñar ao impoñerse a unha "motivada" Arandina (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |