Medio millón de euros para os clubs naúticos da provincia
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobará este venres en Xunta de Goberno as bases das axudas do ano 2017, en concorrencia competitiva, aos clubs náuticos da provincia.
A presidenta provincial, Carmela Silva, avanzou que se mantén o medio millón de euros de orzamento para esta liña de subvención, dos cales 270.000 serán para clubs de piragüismo, 150.000 euros para os de remo e 80.000 euros para os de vela.
Trátase dunha liña de axudas na que o pasado ano se beneficiaron 52 entidades deportivas de 22 municipios e que se poderán solicitar ata o próximo 16 de xuño co obxectivo de "apoiar a participación de clubs federados náuticos da provincia en ligas e competicións oficiais de ámbito tanto provincial como autonómico e estatal", sinalou Silva.
A Xunta de Goberno ten previsto aprobar ademais unha subvención de 85.000 euros á Federación Galega de Fútbol para a posta en marcha do proxecto de escolas deportivas do que se poderán beneficiar 24 concellos da provincia.
ADXUDICACIÓN DAS OBRAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE MEAÑO
Carmela Silva anunciou tamén este xoves a adxudicación do contrato para a renovación do campo de fútbol de herba sintética de Meaño, traballos que contarán cun orzamento de 495.384,79 euros e que serán acometidos pola empresa PRACE, Servicios y Obras, S.A..
O prazo de execución das obras será de catro meses desde o momento no que se asine o contrato.
Relacionadas:
-
Os clubs náuticos da provincia seguirán contando con medio millón de euros da Deputación
Por Redacción |
-
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra triunfa na Copa de España cadete
Por Redacción |
-
Os clubs de deportes náuticos da provincia benefícianse de medio millón de euros da Deputación
Por Redacción |