Posta a punto para a natación sincronizada galega na Escola Naval de Marín
Por Redacción
Importante cita para a natación sincronizada galega coa celebración, o vindeiro sábado 13 de maio, do XII Trofeo Deputación de Pontevedra.
A piscina da Escola Naval Militar de Marín acollerá unha competición na que participarán 11 dos 13 clubs da comunidade en "un preludio de las rutinas que se van a presentar al Campeonato Gallego", recoñeceu na presentación do evento Teresa Pérez, presidenta do Club Natación Sincronizada Pontevedra.
En total participarán na cita ao redor de 350 nadadoras nas diferentes categorías, desde os 6 ata os 18 anos, presentando rutinas combinadas e rutinas libres de equipo.
A competición desenvolverase en dobre sesión, a partir das 11:15 horas e das 17:30 horas, contando cun equipo de xuíces da Federación Galega de Natación que valorará a "dificultad, el mérito técnico y el mérito artístico" dos exercicios de cada equipo.