O Pontevedra B cae en Gondomar (3-1) e non consegue afastarse da zona perigosa
Por Redacción
Catro partidos suma o Pontevedra B sen coñecer a vitoria, un refacho que lle mete de novo en problemas e lle achega á zona de descenso a Primeira Rexional.
Os de Manu Fernández caeron esta vez na casa do Gondomar (3-1) despois de igualar o tanto inicial de Nando para os locais. O filial non puido aproveitar a expulsión de Tizón no tramo final.
GONDOMAR CF (3): Dani, Nando, Toni, Lucas, Carlos, Tizón, Silvio (Ferro min.77), Víctor, Rubén (Eloy, min.87), Liboreiro (Trejo, min.63), Gonzalo (Pibe, min. 71).
PONTEVEDRA B (1): Lucas, Uru, Alves, Marou, Emilio, Portu (Joni, min.46), Víctor, Paco, Diego (Chicho, min.68), Pedro (Eirín, min.56), Canosa (David, min.68).
Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago): Amoestou a Silvio no Gondomar e a Emilio e Portu no Pontevedra B. Expulsou ao local Tizón por dobre amarela (min.53).
Goles: 1-0 Nando, min.8; 1-1 Diego, min.17; 2-1 Silvio, min.37; 3-1 Trejo, min.90.
Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas.