Goleada do Arosa na casa do Atios (0-4) nunha segunda parte de inspiración
Por Redacción
O efecto Piscis segue dando réditos ao Arosa e mantén vivas as esperanzas, pequenas aínda, de alcanzar unha das dúas prazas de ascenso á Terceira División.
O conxunto arlequinado goleou ao Atios (0-4) nunha segunda metade de inspiración de cara a portaría, despois dun primeiro tempo de igualdade entre os dous equipos, cos goles de Hugo, Camiño (2) e Eloy. Unha renda que aínda puido ser maior nos minutos finais con claras ocasións para o Arosa.
Os de Vilagarcía ascenden con este resultado a sexta posición, a sete do segundo lugar que ocupa o Gondomar.
UD ATIOS (0): Miguel, Bubi, Valiente, Maroto, Monzi, Kike (Telmo, min.58), ÿscar (Lira, min.46) Alberto, Tomás, Curiel (Fondevila, min.65), Michi (Romero, min.58).
AROSA SC (4): Jorge, Santi, Juanjo, Martín, Ríos, Rivas (Roberto, min.80), Hugo, Comesaña, ÿscar (Julio Rey, min.85), Camiño (Viso, min.89), Eloy (Nando, min.80).
Árbitro: Casal (Lalín). Amoestou a Miguel, ÿscar, Curi e Telmo no Atios.
Goles: 0-1 Hugo, min.50; 0-2 Camiño, min.52; 0-3 Camiño, min.56; 0-4 Eloy, min.60.
Incidencias: Partido disputado no campo do Carballo.