Un Portonovo con oito xogadores remata goleado en Lalín (4-0)
Por Redacción
Non estaba a ser o mellor partido da tempada do Portonovo, que perdía 1-0 en Lalín xa na segunda metade, pero os de Ricardo Fernández aínda tiñan opcións e esperanzas de lograr un bo resultado que lles permitise conservar a segunda praza, unhas esperanzas que se esvaeceron coas expulsións de Suso Vidal, Caste e César en seis minutos.
O conxunto arlequinado quedou con oito xogadores despois da dobre tarxeta a Suso Vidal por protestar, a expulsión directa de Caste por unha dura entrada a Matelo e de novo a dobre amoestación para César.
Contra oito xogadores o Lalín aproveitou para sentenciar o choque cos goles de Matelo, que xa adiantara aos locais na primeira metade, Matías e Imanol.
O Portonovo cae á terceira praza a un punto de distancia do Gondomar, segundo, e seis do líder Cultural Areas.
CD LALÍN (4): Michi, Suso, Gustavo, Iván Fernández, Rubén Méndez, Imanol, Dani Méndez (Dabouza, min.81), Matelo, Manu (Damián, min.70), Maceiro (Iván García, min.67), Kevin.
PORTONOVO SD (0): Marcos, Caste, Bolo, Iván Renda, César, Suso Bea, Suso Vidal, Víctor, Manu Sieiro (Iván Dadín, min.75), Nacho (Martín Camiña, min.81), Álex Cubas (Agus, min.67)
Árbitro: Ortega Orge (Ferrol). Amoestou Dani Méndez no Lalín e a Aléx Cubas no Portonovo. Expulsou aos xogadores visitantes Suso Vidal por dobre amarela (min.58), Caste por vermella directa (min.63) e César por dobre tarxeta (min.64).
Goles: 1-0 Matelo, min.32; 2-0 Matelo, min.74; 3-0 Matías. min.84; 4-0 Imanol, min.87.
Incidencias: Partido disputado no Manuel Anxo Cortizo, Lalín.