A Gladiator Race promete "novas experiencias" para a súa terceira edición
Por Diego Espiño
A menos dun mes para a celebración da súa terceira edición na cidade, a Gladiator Race empeza a levantar expectación coa súa presentación oficial.
Fíxoo nun acto organizado na Praza de España no que Serafín Martínez, responsable da empresa organizadora Qualité Sport Events, prometeu "novas experiencias" aos participantes, xa que se modificarán "bastantes obstáculos" con respecto á pasada edición.
A Gladiator Race celebrarase o sábado 3 de xuño na contorna da Illa das Esculturas, onde se poñerá a proba a capacidade de superación dos participantes nas diferentes modalidades.
"Creo que é unha experiencia que enganchou", recoñeceu a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, para quen esta popular carreira de obstáculos supón "unha proba deportiva diferente".
Máis de milleiro e medio de deportistas inscribíronse xa na terceira Gladiator Race, pero a previsión é chegar polo menos ata os 2.000 participantes antes do final do prazo habilitado, e é que os interesados poden anotarse ata o 30 de maio a través da web www.gladiatorrace.es e da plataforma www.championchipnorte.com.
Está previsto que a xornada de competición se inicie ás 10:00 horas coas primeiras saídas da categoría Warrior (11 quilómetros e 30 obstáculos), continuará ás 16:00 horas coa categoría infantil, a Gladiator Kids, e finalizará coa categoría Rocket (6 quilómetros e 20 obstáculos) desde as 16:45 horas.
Relacionadas:
-
A Illa das Esculturas, a punto para a Gladiator Race
Por Redacción |
-
A Gladiator Race cumpre obxectivos e contará con 2.000 'guerreiros' na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Adestrando para converterse en auténticos 'gladiadores'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Gladiator Race convoca un adestramento oficial para o martes 23 de maio
Por Redacción |
-
Máis de 1.000 inscritos para a terceira edición da Gladiator Race a mes e medio para a súa celebración
Por Redacción |
-
Apertura de inscricións para a III Gladiator Race e para a I Urban Trail Night de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Gladiator Race de Pontevedra terá terceira edición en xuño de 2017
Por Redacción |
-
Pontevedra, cidade de 'gladiadores'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |