A permanencia afástase para o Marín despois de caer na casa ante o Ribadumia (1-2)
Por Redacción
As xeiras opostas de Marín e Ribadumia cruzáronse en San Pedro agudizando o estado de cada un dos equipos (1-2) despois de que o conxunto visitante conseguise levarse a vitoria.
Os goles de Changui e Chiño encarrilaron o encontro para o Ribadumia, que suma o seu cuarto triunfo consecutivo e segue mirando con esperanza os postos de ascenso, a sete puntos de distancia, mesma diferenza á que queda o Marín dos postos de salvación despois de sumar a súa cuarta derrota seguida. O gol que recortaba distancias para os de Toño Lodeiro despois do 0-2 foi obra de Borja a falta de 15 minutos.
A pesares de contar con algunha opción para a igualada os locais non puideron salvar polo menos un punto e complícanse moito o seu futuro.
MARÍN CF (1): Pablo González (Carlos Arosa, min.46), Javi Doce, Fumero (Tinaia, min.46), Romero, Hayk; André (Manuel, min.75), Miguel, Dani, Eric (Joaquín, min.45), Agus, Cristian (Borja, min.49).
RIBADUMIA CF (2): Pajarillo, Borja, Santos, Manuel Ángel, Lucas, Fernando, Chiño, Rober (Rubén, min.74), Fran Castaño, Manu Nieto (Miguel, min.85), Changui.
Árbitro: Muñiz Ruiz (Pontevedra). Amoestou aos locais Eric, Javi Doce e Pablo González e aos visitantes Manuel Ángel e Rubén.
Goles: 0-1 Changui, min.49; 0-2 Chiño, min.61; 1-2 Borja, min.76.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Pedro, Marín.