O Natación Galaico, co "equipo a tope" para a Copa de España de Clubs
Por Diego Espiño
Con ilusión e tamén ambición desprázase este finde semana a Xixón o Club Natación Galaico para participar na Copa de España de Clubs, unha das citas máis importantes da tempada.
A pesar do non lograr ascender o pasado ano o equipo feminino pontevedrés volverá á Primeira División, repescado pola Federación Española, e faino pensando en cotas ambiciosas.
O primeiro será asegurar a permanencia, pero "si sale todo bien podemos estar arriba", recoñece Miguel Cano, optimista para a cita porque "vamos con el equipo a tope con Bea, Águeda o el relevo que es campeón de España", sinala o presidente do club.
Non será sinxelo polo nivel dos equipos que compoñen a Primeira División. Destaca entre eles o UCAM Fuensanta, máximo favorito ao contar nas súas filas con nadadoras como a campioa olímpica Mireia Belmonte, Melani Costa ou Duane da Rocha, entre outras. Ademais competirán na cita o CN Barcelona, CN Santa Olaya (anfitrión), CN Mataró, CN Palma, CN Castellón e ADN Rivas-VaciaMadrid.
Dos oito participantes dous clubs lograrán ascender á División de Honra e outros dous perderán a categoría despois dos tres días de competición previstos, do venres 5 ao domingo 7 de maio.
O equipo do Galaico en Xixón estará composto por: Paula Goyanes, Carla Goyanes, Iria García, Ana Pérez, Clara Otero, Nerea Rodriño, Águeda Cons, Nuria Erselle, Inés Gómez, Bea Gómez Cortés, Lara Gómez Cortés e Antía García (reserva).
Relacionadas:
-
Carla Goyanes acada dúas medallas no Nacional junior de natación
Por Redacción |
-
Brillante papel do Galaico en Xixón rozando o ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
O Galaico revalida o título de campión da Liga Galega de División de Honra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Galaico fai un balance "más que positivo" do Open de natación e xa pensa en atraer novos campionatos de nivel
Por Diego Espiño |